O escritor e columnista Tim Harford ofrece hoxe martes na Coruña unha conferencia na Fundación Barrié

O escritor Tim Harford, autor do “Economista camuflado”, e columnista do diario británico ‘Financial Times’, do que é membro do consello editorial, ofrece este martes, día 30, na Coruña, a conferencia ‘Resolución de problemas nun mundo complexo’, convidado pola Fundación Barrié e o Banco Pastor.

Tim Harford era relativamente descoñecido até 2007. Ese ano publicou “O economista camuflado”, un ensaio sobre principios básicos de economía cotiá, cun enfoque pragmático, que até o día de hoxe vendeu 600.000 exemplares en máis de 25 idiomas.

O propio Harford definiu “O economista camuflado” como unha narración de ideas económicas que subxacen en experiencias diarias: saca á luz conceptos económicos clave para a xente da rúa. O seu segundo libro “A lóxica da vida” (2008), tamén foi editado en múltiples idiomas.

Tim Harford é columnista do prestixioso xornal británico Financial Times e membro do seu consello editorial. Gran comunicador, Harford explica os conceptos económicos de modo didáctico, práctico e sinxelo, e foi presentador da serie de televisión “Confía en min, son un economista” e do programa de radio “Máis ou menos”.

Inscripción previa antes do 26 de noviembre.

Pinche aquí. Aforo limitado.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Charla. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s