II Xornadas de software libre e GNU/Linux para principiantes na UDC

A OSL organiza para os días 1, 2 e 3 de decembro de 2010 as segundas Xornadas de software libre e GNU/Linux para usuarios noveis. Estas xornadas pretenden dar un enfoque xeral e práctico sobre o software libre, centrándonos especialmente nos sistemas GNU/Linux (instalación, configuración e administración) e en aplicacións informáticas libres e multiplataforma. Están destinadas ao público xeral, sen moita experiencia no tema. Son gratuítas e con aforo limitado. Entregarase certificado de asistencia. Para máis información e inscrición http://softwarelibre.udc.es/Xornadas.

As xornadas terán lugar na Aula.Master na planta 0 da Facultade de Informática do Campus de Elviña os días 1, 2 e 3 de decembro a partires das 16:30 h. Dividíronse as xornadas nas seguintes sesións, de 4 horas de duración cada unha:

Día 1 (16:30 – 20:30 h)

  • Conceptos básicos
  • Un pouco de historia
  • Que é GNU/Linux?
  • Vantaxes
  • Distribucións e Escritorios

Día 2 (ven co teu portátil e libérao) (16:30 – 20:30 h)

  • Instalando dende Windows
  • Particionando o disco
  • Instalación de GNU/Linux Ubuntu 10.10
  • Configurando o noso novo equipo

Día 3 (16:30 – 20:30 h)

  • Que son os repositorios?
  • Conseguindo novas aplicacións de forma sinxela e áxil
  • Introdución aos novos programas
  • Alternativas libres a aplicacións privativas

Para máis información e inscrición http://softwarelibre.udc.es/Xornadas.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en UDC, Universidade. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s