Chega o programa Facilitador Financiero para emprendedores inmigrantes e retornados en Galicia

ORGANIZA

FUNDACIÓN UNIVERSIDADE DA CORUÑA

CONTIDO DO PROGRAMA

Este programa vai dirixido a emprendedores e emprendedoras extracomunitarios e retornados que residan na comunidade de Galicia e que desexen optar polo autoemprego como posibilidade na súa incorporación no mercado laboral galego, mellorando deste modo a súa empregabilidade e mobilidade social.

OBXECTIVOS

Mellorar a empregabilidade e a ocupabilidade dos emprendedores e emprendedoras inmigrantes e retornados na Comunidade Autónoma de Galicia a través dunha metodoloxía de intervención baseada na promoción do autoemprego, a economía social e as microfinanzas.

BENEFICIARI@S

Persoas inmigrantes e emigrantes retornados.

LUGAR DE IMPARTICIÓN

Fundación Universidade da Coruña. c/ Paseo de Ronda, 47-2º. A Coruña

DATAS E HORARIOS

  • Xornada de información. Día 12 de novembro de 2010 de 10:00 a 12:00 horas
  • Entrevistas de motivación emprendedora e diagnose do perfil emprendedor. Cada participante establecerá un día para manter unha entrevista de 2 horas de duración, a celebrar entre os días 17 a 29 de novembro de 2010.

PROGRAMA

1. XORNADA DE DIFUSIÓN DO PROXECTO

Duración estimada da xornada: 2 horas
Número de beneficiarios: 70

Estrutura da xornada:

  • Benvida
  • Presentación do proxecto “Facilitador Financeiro”.
  • Entorno empresarial, xeración, maduración e avaliación de ideas empresariais.
  • Experiencias de éxito de emprendementos promovidos pola comunidade inmigrante e retornada.
  • Entrega do procedemento de incorporación á fase de entrevistas individuais.
  • Despedida.

2. ENTREVISTAS DE MOTIVACIÓN EMPRENDEDORA E DIAGNOSE DO PERFIL EMPRENDEDOR.

Número de beneficiarios: 45
Duración estimada de cada entrevista: 2 horas
Perfil responsable da actividade: Técnico emprego
Xestión da cita: persoalmente, a través de correo electrónico ou chamada telefónica.

Estrutura da entrevista:

  • Benvida.
  • Análise da idea empresarial.
  • Presentación do servizo de asesoramento denominado “facilitador financeiro”.
  • Proposta de Itinerario Persoalizado de Inserción.
  • Diagnóstico de perfil emprendedor (candidatura a microcrédito).
  • Despedida

PRECIO

GRATUITO

INSCRICIÓN

As persoas interesadas en acceder ao curso deberán enviar o boletín de inscrición cuberto e axuntar unha copia do DNI.

Data límite de inscrición: 25-11-2010

MAIS INFORMACIÓN

Sandra López 981-167000 ext. 4394. slopezj@udc.es
Laura García. 981-167000 ext. 1078. lgarcia@udc.es
www.fundacion.udc.es

NOTA: UNHA VEZ REMATADO O PROGRAMA VALORARASE A POSIBILIDADE DA PRESTACIÓN DO SERVIZO DUN TUTOR EMPRESARIAL PARA AQUELES PROXECTOS QUE SE CONSIDEREN VIABLES.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Emprendedores, I+D+i, Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s