A Fundación Galega da Formación para o Traballo organiza as I Xornadas de Formación para o Emprego

Fundación Galega da Formación para o Traballo, organismo no que colabora a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) como membro do seu padroado, organiza as I Xornadas de Formación para o Emprego baixo o rótulo: A formación para o emprego, un reto nos ámbitos económicos hostís.

O obxectivo desta iniciativa, que se desenvolverá entre o 22 e o 24 de novembro, no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia de Santiago de Compostela, consiste en desenvolver novos modelos de aprendizaxe que permitan multiplicar o coñecemento, mellorar a calidade e aumentar a competitividade. Así mesmo, as xornadas perseguen prever as necesidades futuras que se enxergan no ámbito da formación coa intención de anticiparse aos cambios que se están a producir no mercado europeo.

Deste modo, no transcurso das xornadas, institucións, organismos, asociacións, empresas e expertos exporán o seu punto de vista sobre a conxuntura actual, caracterizada por un ámbito económico hostil e o horizonte próximo no que se desenvolverá a formación.

Dentro do programa, a organización empresarial galega presentará o Proxecto i³sCEG, unha nova iniciativa dirixida aos xestores da innovación en Galicia co ánimo de avaliar as súas competencias e servir de punto de encontro e de plataforma de difusión.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Emprego, Emprendedores. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s