A USC organiza o II Emporium Woman Emprende

A Universidade de Santiago de Compostela organiza o II Emporium Woman Emprende os días 18 e19 de novembro de 2010 co fin de debatir sobre a posta en valor dos resultados da investigación e a súa transferencia mediante a creación de spin-off académicas.

O fío conductor dos dous días de actividade en Santiago de Compostela será a búsqueda de espazos de colaboración e a creación de redes, que teñen servido para fortalecer as diferentes iniciativas que se teñen desenvuelto en todo o programa de emprendemento amparado pola Universidade de Santiago de Compostela.

O I Emporium Woman Emprende, celebrado fai agora dous anos, concluíu coa necesidade da creación de redes de traballo. Froito destas redes xurdíu o proxecto “Innovatia 8.3”, o cal veu a darlle un impulso importante a todo o relativo ao emprendemento femenino universitario.

Así mesmo, falarase de financiamento dirixido a cada unha das diferentes fases polas que discorre o proceso de creación de empresas de base tecnolóxica universitaria; compartiremos ferramentas novedosas a nivel mundial relacionadas con redes de investimento e con novos fondos de capital risco.

As xornadas pecharán invitando á reflexión sobre a necesidade de incorporar a transferencia de coñecemento ao tecido produtivo como unha das liñas de traballo para buscar algunhas posibles alternativas á crise da sociedade actual.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Emprendedores, I+D+i, Investigación. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s