A Consellería destinará ás tres universidades galegas 390 millóns de euros para o próximo ano 2011

A Xunta de Galicia destinará ás tres universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG) a cantidade dispoñible para o orzamento de 2011, que ascenderá aos 390 millóns de euros.

As Consellerías de Educación e Ordenación Universitaria e de Facenda pactaron a pasada semana a cantidade de 390 millóns de euros nunha reunión celebrada en San Caetano, á que asistiron, ademais de persoal da Xunta, representantes das tres universidades. Así, pola Universidade de Santiago de Compostela estivo presente a vicerreitora de Economía e Infraestruturas, Sara Cantorna; pola Universidade de Vigo o vicerreitor de Economía e Planificación, José Manuel García; e pola Universidade da Coruña o vicerreitor de Estratexia e Planificación Económica, Ángel Fernández. Doutra banda, os representantes da Xunta foron o director xeral de Orzamentos, Miguel Corgos, e o subdirector xeral de Recursos e Análise Orzamentaria, Joaquín Caballero, ambos os dous da consellería de Facenda; mentres que pola Consellería de Educación estiveron presentes o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, e a subdirectora xeral de Universidades, Beatriz Soutelo.

Representantes de ambas partes reuniranse o xoves 21 para definir os criterios de reparto

Tras chegar até a cifra global que se repartirá entre as tres universidades, os asistentes á reunión adquiriron o compromiso de se reunir novamente para definir os criterios xerais de reparto, nun encontro que terá lugar o vindeiro xoves 21 de outubro.

Novos criterios

A cifra global da que as universidades disporán para o ano 2011 repartirase este ano de acordo cos novos criterios que se están a definir nas reunións para pechar o que será o Plan de Financiamento do SUG para o período 2011/2015. Dunha banda,  e tal e como foi acordado nas reunións da Comisión de Financiamento, o 5% do total destinarase a Financiamento por Resultados, e repartirase en base ao Panel de Indicadores adiantado no encontro do pasado 11 de outubro.

Doutra banda, outro 5% irá a parar ao financiamento por Mellora da Calidade; e o 90% restante, destinado a Fondo Incondicionado e complementos, repartirase de acordo con novos criterios xerais e estruturais, que serán determinados nas próximas reunións entre Xunta e universidades. Entre eles, e de forma lóxica tendo en conta a situación actual da economía, pesará a eficiencia da xestión económica nas tres institucións académicas que conforman o SUG.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Universidade. Ligazón permanente.

One Response to A Consellería destinará ás tres universidades galegas 390 millóns de euros para o próximo ano 2011

  1. Pingback: Tweets that mention A Consellería destinará ás tres universidades galegas 390 millóns de euros para o próximo ano 2011 « Rede Amiga da UDC -- Topsy.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s