Como usar as TIC para atopar emprego

Utilizar as redes sociais, Internet en xeral e calquera ferramenta informática en particular para facer contactos, currículos, presentacións, etc, é unha práctica cada vez mais  estendida  e até profesionalizada. Con todo non basta con ter ganas e manexarse máis ou menos ben co rato. Hai que saber onde atopar recursos, consellos ou as mesmas ofertas de traballo e como sacarlle partido ás múltiples posibilidades que che ofrece o abaratamento e a facilidade de manexo das novas ferramentas. Por exemplo, pensaches en realizar un videocurrículo?, sabes como demostrar as túas capacidades e calidades sen un pudor mal entendido pero sen parecer un vendededor a domicilio ou un charlatán atrevido? No principio do post tes un exemplo de hai xa tres anos. Se foras un empresario e procuraras unha xornalista para a televisión, preferirías unha presentación así ou o típico folio nunha carpeta? Pois iso.

Para axudarnos nesta tarefa vaise celebrar un curso específico sobre COMO UTILIZAR AS TIC NA BÚSQUEDA DE EMPREGO os días 3, 4, 5 e 6 de maio, de 9:00-14:00 horas. O curso está deseñado pensando en todos aqueles estudantes ou titulados universitarios que necesitan atopar un traballo ou que algún día, cando rematen a carreira, teñan que enfrontarse coa realidade do mercado laboral. Darase preferencia ás persoas en situación de desemprego. A data límite de inscrición é o vindeiro 27 de abril.

Podedes atopar máis información na web da Fuac o preguntando a Eva Castro (eva@udc.es) ou Laura García (lgarcia@udc.es) no teléfono 981 16 70 00 nas extensión 4394 e 1078 respectivamente. O mellor é que curso ten un coste de 70 euros, pero a Fundación Universidade da Coruña aporta o 100%, polo que será GRATUITO para o número limitado de prazas ofertadas.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Cursos, Emprego. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s