Talleres para a Xestión da I+D+i

A Fundación Universidade da Coruña, en colaboración con SERVIGUIDE, leva a cabo no marco da iniciativa INNOEMPRESA con financiamento do IGAPE e o Ministerio de Industria Turismo e Comercio a través do FEDER, o proxecto IDIPEMES (Sistemas de Xestión da I+D+i nas Pemes de Galicia).

A metodoloxía que se aplica neste proxecto considera un enfoque de carácter individual para cada empresa e outro de ámbito colectivo. É precisamente neste último onde se van a desenvolver unha serie de talleres que están orientados a dotar ás empresas participantes dunha ferramenta de Xestión da I+D+i que lles permita ser máis eficaces e eficientes no desenvolvemento de novos produtos e na protección e posta en valor dos resultados dos seus proxectos innovadores.

Por tal motivo, a Fuac convida a todas as Pemes a participar nestes talleres, de forma gratuíta, coa convicción de que dita participación no proxecto redundará en que a súa organización adquira un perfil máis innovador e mellore a súa posición competitiva.

Para facilitar a asistencia dos participantes, a actividade foi dividida en tres partes ou talleres, que se desenvolverán en tres días diferentes como se indica a continuación:

Taller 1 – 24 marzo 2010

  • Normalización da I+D+i: normas da familia UNE 166000.
  • Definicións, conceptos e técnicas de innovación.
  • Política e obxectivos I+D+i.
  • Estrutura organizativa I+D+i.
  • Enfoque a procesos.
  • Vixilancia tecnolóxica e da contorna.
  • Intelixencia Competitiva

Taller 2 – 27 maio 2010

  • Xestión de Proxectos I+D+i.
  • Financiamento e axudas públicas á I+D+i.
  • Técnicas de Creatividade e Mellora Continua.
  • Transferencia e Protección Tecnolóxica

Taller 3 – 23 setembro 2010

  • Procesos de Dirección da I+D+i.
  • Cadro de mando de innovación.
  • Resolución de dúbidas conceptuais.
  • Aspectos críticos de implantación.

Si desexa asistir aos talleres, cumprimente o Boletín de inscrición e remítao a monicapousa@udc.es. Pode tamén envialo por fax: 981 167040 ou inscribirse por teléfono 981 167000, ext.1171 (Mónica Pousa).

Máis Información (horario e lugar de realización)

PROXECTO IDIPEMES

O acceso á información, á tecnoloxía e un mercado global provocan constantes e, en ocasións, radicais cambios nas expectativas dos clientes, que provocan que a innovación -como motor do cambio- pase de ser unha opción a ser unha verdadeira necesidade empresarial.

Así, sendo o coñecemento a base de xeración de riqueza nas sociedades avanzadas, e a investigación e o desenvolvemento uno dos alicientes de creación dese coñecemento, é na innovación na que se atopa o medio de transformar ese coñecemento en desenvolvemento económico.

Neste contexto actual de mercado, no cal innovar non é unha elección, senón unha necesidade imprescindible para ser competitivo, a través do proxecto preténdese facilitar a sistematización de actividades de I+D+i e mellorar a súa xestión e resultados, á vez que asegurar que non se perdan actividades susceptibles de xerar tecnoloxías propias, como medio para obter un beneficio empresarial sostido.

FUNDACIÓN UNIVERSIDADE DA CORUÑA

Advertisements
Estas entrada foi publicada en I+D+i, Uncategorized coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s