Unha gran oportunidade para os mozos emprendedores

Estás a pensar en montar o teu propio negocio ou xa es un empresario de éxito? Si é o caso, o programa Erasmus Novos Emprendedores podería ser para ti.

O programa ofrece aos emprendedores a oportunidade de aprender dun empresario con máis experiencia que dirixa unha PEME (pequena ou mediana empresa) noutro país da UE. Estes intercambios, que duran  entre 1 e 6 meses, cobren unha ampla variedade de sectores económicos como a agricultura, o téxtil ou o de construción. Por outra banda permite aos empresarios máis experimentados desenvolver novas relacións comerciais e aprender máis sobre oportunidades de negocio noutro país da UE.

Quen pode participar?

Emprendedores e empresarios con experiencia: os emprendedores son aqueles que teñen plans firmes de montar o seu propio negocio ou que o fixeron no últimos tres anos. Os empresarios con experiencia deberían ser donos dunha PEME ou dirixir unha na UE.

500 novos intercambios

Desde que se puxo en marcha o Programa Erasmus para Mozos Emprendedores, en febreiro de 2009, e até o termo da primeira fase do mesmo, en xuño de 2010, prevese a realización de 500 novos intercambios entre mozos emprendedores e empresarios de acollida de diferentes países da Unión Europea. Ademáis, a segunda fase deste Programa xa está en marcha desde xaneiro de 2010 e terminará en decembro de 2011.

Na actualidade, a Fundación Universidade da Coruña, como unha das Organizacións Intermediarias en Galicia, segue en proceso de captación tanto de emprendedores como empresarios de acollida para que se rexistren na ferramenta on-line do Programa www.erasmus-entrepreneurs.eu. Durante este primeiro ano de proxecto a Fundación puxo en marcha diversos intercambios entre diferentes emprendedores galegos e empresas da UE e continúa recibindo emprendedores europeos en empresas galegas até fin do proxecto en setembro de 2010.

Os mozos emprendedores e os empresarios de acollida galegos poderán solicitar a súa participación no Programa póndose en contacto coa Fundación Universidade da Coruña.

Fundación Universidade da Coruña
Braulio Pérez Astray
Responsable Técnico del proyecto M4E
Tel: 981 167000, ext. 1080
E-mail: braulio@udc.es
Web FUAC: www.fundacion.udc.es

Web do Programa: www.erasmus-entrepreneurs.eu

Máis información sobre o Programa Erasmus para Mozos emprendedores

¿Quién puede participar?

Emprendedores y empresarios con experiencia: los emprendedores son aquellos que tienen planes firmes de montar su propio negocio o que lo han hecho en los últimos tres años. Los empresarios con experiencia deberían ser dueños de una PYME o dirigir una en la UE.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Emprendedores, Empresarios, Erasmus coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s