A FUAC apoia aos emprendedores universitarios

A Fundación Universidade da Coruña (FUAC) pon en marcha a IV edición da AULA UNIVERSITARIA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA, un programa de formación práctica para o desenvolvemento de proxectos de promoción económica, executables no ámbito xeográfico da Provincia da Coruña. O seu principal obxectivo é facilitar ferramentas para a mellora da empregabilidade, preferentemente do colectivo universitario, dende o punto de vista do deseño e execución de programas de promoción económica e vincular a comunidade universitaria cos programas de desenvolvemento económico.

Entidades como a  XUNTA DE GALICIA, CONCELLO DA CORUÑA, UNIVERSIDADE DA CORUÑA, OBRA SOCIAL CAIXA GALICIA ou ASOCIACION MARINEDA DE JÓVENES EMPRESARIOS darán a coñecer aos participantes as distintas liñas de actuación, actividades, iniciativas e apoios que dende a súa entidade ofrecen aos emprendedores no ámbito da promoción económica.

Obxectivos da Aula Universitaria de Promoción Económica:

  • ELABORAR programas de inserción sociolaboral no marco das ordes reguladoras promovidas pola Administración Pública e entidades privada.
  • ELABORAR itinerarios persoalizados de aprendizaxe no marco das ordes reguladoras promovidas pola Administración Pública e entidades privadas.
  • VINCULAR á comunidade universitaria cos programas de desenvolvemento económico, en particular os relacionados co Plan Estratéxico Provincial.
  • INCUBAR dende a Universidade accións concretas para a promoción económica da Provincia da Coruña.

Destinatarios:

  • Preferentemente titulad@s e estudantes universitari@s.

Matrícula:

  • Gratuita.

Lugar:

FUNDACIÓN UNIVERSIDADE DA CORUÑA

CENTRO CULTURAL DE RIAZOR

PASEO DE RONDA 47-2º ANDAR

15011 A CORUÑA.

Inscrición:

As persoas interesadas en participar nesta acción formativa deberán cubrir o BOLETIN DE INSCRIPCION e adxuntar unha copia do DNI por e-mail ou persoalmente nas oficinas da propia Fundación. A data límite de inscrición é o venres 22 de febreiro.

Para calqueira dúbida, contacte connosco a través do teléfono 981 167 000; ext.4394 ou na dirección de correo electrónico eva@udc.es.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Emprego, Emprendedores coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s