Oxford e a Fundación Universidade da Coruña unidos para crear unha rede internacional de coñecemento

A Fundación Universidade da Coruña (FUAC) acaba de lograr para Galicia, a participación nun importante proxecto transnacional, K-NETWORKS – Dissemination and Networks of Knowledge in Atlantic Area, aprobado e financiado polo Programa Europeo Atlántico, en cooperación con entidades de Portugal, Francia, España e Reino Unido, e que se suma á xa longa lista de proxectos rexionais, nacionais e internacionais promovidos desde a Fundación ao longo dos seus 13 anos de existencia impulsando as relacións da Universidade coas empresas.

Este proxecto foi presentado por un consorcio internacional formado por Oxford Internet Institute, Université Toulouse, Cardiff University, Universidad de Cantabria, Gabinete do Coordenador Nacional da Estratégia de Lisboa e do Plano Tecnolóxico e a Fundación Universidade da Coruña, baixo a coordinación do Centro de Gestao da Rede Informática do Governo de Portugal (CEGER).

A súa duración será de 24 meses, durante os cales se pretende crear unha rede permanente de excelencia para compartir e difundir o coñecemento na área atlántica, así como promover o intercambio de boas prácticas referentes á posta en marcha de estratexias no ámbito da sociedade do coñecemento e da información.

Para garantir o éxito da iniciativa e potenciar o traballo e a colaboración mutua das entidades que participan, usaranse as novas tecnoloxías a través dunha plataforma concertada de acceso a Internet. A través da mesma, recorrerase á promoción en tempo real do desenvolvemento das actividades do proxecto e permitindo a difusión dos resultados alcanzados en cada momento.

A creación dunha sociedade baseada no coñecemento é complexa, multidimensional e iso implica un importante esforzo común de varios axentes sociais: empresas, universidades e gobernos, a denominada Tripla Hélice. Ademais a posta en práctica da sociedade do coñecemento e da información débese ligar de preto ao desenvolvemento de habilidades conxuntas para mellorar a calidade da vida da xente nos seus territorios, e que grazas á Fundacion con este proxecto redundará en beneficio de Galicia.

Máis información en: Fundación Universidade da Coruña

Contacto FUAC

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Investigación coas etiquetas . Ligazón permanente.

One Response to Oxford e a Fundación Universidade da Coruña unidos para crear unha rede internacional de coñecemento

  1. ¿Rede de coñecemento, en que consiste isto? ¿ plataforma concertada de acceso a Internet? Entendo que unha plataforma de acceso a Internet serve para acceder a Internet, ¿e que non tiñan acceso á rede?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s