Onirismos con certa asepsia

Este é o título  da exposición fotográfica que acolle a  Facultade de Ciencias da Educación da UDC, no campus de Elviña, durante este mes de xaneiro. O autor, Román Montesinos, é un xeologo coruñés especializado na pañeontoloxía e profesor da Universidade da Coruña.

A mostra recolle fotos da liña conceptual do autor, 26 fotografías enmarcadas na corrente da poesía visual, e expóñense na planta 0 da Facultade de Ciencias da Educación (Sala de Xuntas do Departamento de Pedagoxía e Didáctica). As fotografías reflicten o humor galego e esa ironía e retranca que, segundo o autor, parécese moito ao humor inglés.

O propio Montesinos afirma acerca da súa obra: “O humor pode ser un espello distorsionador de situacións, actitudes, filias e fobias da nosa sociedade, e penso que é necesario ser crítico no posible (…) As miñas fotos son para min como unha terapia moi útil nestes tempos que corren” . O autor tamén fala da arte da fotografía: “A fotografia é maxia. É modelar co ollo e a mente. É captar a atención de estraños e deixarles un sinal. A imaxe é unha poderosa ferramenta de comunicación e de transmisión de vivencias, pensamentos, conformados segundo a realidade de que os transmite”.

O que dixeron del:

“Son fotos de estudo nas que o artista sitúa os elementos que expresarán a idea que xa ten concebida, e nas que observamos compoñentes simbólicos, reflexións de carácter social dende a ironía e algunhas pingas surrealistas”. Celestino Poza. Concelleiro de Cultura do Concello de Culleredo.

“Unha serie de obxetos inanimados, cantos rodados, anacos de polbo, arames, follas de árbore ou de barbear, contan historias ou representan farsas, acotío satíricas, ás vecs ternas, pero sempre intrigantes. O título das fotografías dá a clave do que persegue o autor, pero caben moitas outras interpretacións e iso establece un interesante xogo entre a obra e os seus espectadores”. Jenaro García Alcalde, Universidad de Oviedo, para o xornal “La Nueva España”.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Uncategorized coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s