Pódenos avaliar un computador?

Xa non poderemos recorrer máis a iso de que suspendemos porque o profesor tennos teima. Un programa creado polo Departamento de Linguaxes e Ciencias da Computación da Universidade de Málaga (UMA) encárgase xa de avaliar e pór nota aos alumnos. Chámase Siette e xa corrixiu os exames de 24.000 alumnos universitarios e de secundaria de Málaga. O programa non só é capaz de corrixir tests, tamén recoñece preguntas con respostas abertas.

Siette parte dun diagnóstico do coñecemento do alumno, no que se avalía o coñecemento do estudante a través de probas en formas de test non convencionais. O director do proxecto, Ricardo Conejo, afirma que se trata dunha “avaliación automática”, onde se expoñen preguntas con respostas abertas ou de desenvolvemento que o computador é capaz de recoñecer.

O programa posúe unha base de datos de 11.277 preguntas sobre 129 materias e é capaz de xerar máis de 116.000 sesións de test. As preguntas adecúanse ao nivel de coñecemento do alumno para xerar uns resultados e construír a partir deles un “planificador da instrución” que aconsellará ao alumno qué materia ou contido debe repasar. O programa tamén pode empregarse para que o alumno adquira novos coñecementos a través de propostas de traballos colaborativos.

Pensades que se xeneralizarán as correccións co Siette nos exames da Universidade? Gustaríavos que se implantase na UDC? A quen beneficiará este programa? E o mellor (ou peor), poderemos seguir dicindo que suspendemos porque o profesor nos ten teima?…



Advertisements
Estas entrada foi publicada en Investigación coas etiquetas . Ligazón permanente.

2 respostas a Pódenos avaliar un computador?

  1. diego di:

    Ahhhhhhhhhhh!!!! Socorro, eso querrá decir que también podrá detectar si hemos copiado!!!! 🙂

    Está bien, pero no sé que tal lo verán los profesores cuando vean peligrar sus puestos de trabajo. Me parece bien si se utiliza solamente para comprobar el nivel de los alumno y así éstos puedan saber qué parte de la materia llevan peor preparada.

    Un buen ejemplo sería utilizarlo para ayudar a preparar oposiciones, así el sistema te diría qué temas te deberías preparar mejor.

    • evaudc di:

      Jajajajaja, mmm, no había pensado en que también podía detectar si el alumnos ha copiado (lo investigaré…).

      No creo que esto pueda poner en riesgo el trabajo del profesor. Yo creo que debe entenderse como una herramienta que facilita su trabajo. Es cierto que puede convertirse en una buena ayuda para los alumnos (exámenes prueba…). El ejemplo de los opositores me parece genial, creo que encaja muy bien con las posibilidades que ofrece el programa.

      Gracias por tu comentario.

      Un saludo!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s