Chegou a fin da televisión?

Un 63% dos mozos entre 10 e 18 anos prefiren Internet ao televisor, segundo un informe do Foro de Generaciones Interactivas en España. En 10 anos, a súa penetración incrementouse dun 2,9% a un 34,3% e o 88% dos adolescentes, segundo este informe, declárase usuario web. Internet ofrece programas e series de televisión, xornais, emisoras de radio, estreas de cinema e redes sociais. Permite ao usuario programar a súa propia sesión en alta definición sen interrupcións nin publicidade, ofrecendo a posibilidade de escapar así da ditadura da grella televisiva.  Parece imposible que a televisión poida competir con esta inmensa oferta, que ademais ofrece o retorno da información.

A Web propiciou o nacemento dun novo modelo de espectador que busca entre a oferta existente o que quere consumir, o lean forward (inclinado sobre o teclado). Este usuario oponse ao tradicional espectador que recibía pasivamente os contidos, o lean back (inclinado cara atrás). O novo telespectador organiza a súa propia grella, escolle a información e o entretemento que quere ter. Como sinala Hernán Casciari, autor do blog Espoiler e crítico de televisión, “de ser un recolector, a Rede convérteche en nómade, en cazador de contidos”.

O modelo clásico de televisión diranos moi pronto adeus. A chegada da TDT en 2010 non só vai multiplicar a oferta multicanal, senón que virá acompañada de interesantes posibilidades, entre elas a que parece máis revolucionaria é a interactividade. Os gravadores PVR (Persoal Vídeo Recorder), por exemplo, permitirán ao usuario gravar películas, series ou programas de televisión  no seu disco duro que logo poderán ver a calquera hora sen interrupcións nin publicidade. Pero, isto xera unha auténtica interactividade? O usuario busca o que quere consumir e é aquí onde radica o máximo grao de interactividade xa que o posterior consumo de contidos é un feito puramente pasivo. A realidade é que moitos decodificadores carecen da canle retorno sen o cal a interactividade é imposible.

Unha das vías máis interesantes para propiciar esta interactividade é a dos televisores con acceso a Internet. Algúns fabricantes como LG, Toshiba, Samsung ou Sony traballan xa en televisións con ethernet ou wifi que permiten a navegación co mando a distancia. A televisión convértese así no soporte onde ver películas en streaming, vídeos de Youtube ou actualizar a conta de Facebook. Pola súa banda, as cadeas de televisión tampouco queren quedar á marxe deste proceso e ofrecen parte da súa programación por Internet a través das súas páxinas web. As grandes cadeas loitan por incrementar a súa visibilidade na Rede e negocian co portal de vídeos Youtube, que lles dá moitas máis visitas que as propias webs das cadeas. A través de subscricións ou formas de pago, Youtube ofrecerá películas e programas enteiros de cadeas de televisión de todo o mundo.

As fronteiras entre televisión e Internet son cada vez máis difusas. Televisión con Internet?, Internet con programación televisiva?… Gilles Lipovetsky e Jean Serroy falan de “a rede de pantallas”, para os autores “vivir é, de maneira crecente, estar pegado á pantalla e conectado á Rede”.

Estamos ante o fin da televisión ou máis ben no comezo dunha nova era?

Algúns artigos de interese:

La televisión interactiva que viene.

La TV interactiva que debe venir.

Televisión por Internet

Internet arrebata el trono a la televisión

Televisión Digital e interactiva

Los retos de la implantación de la televisión interactiva a la luz de su propia historia

La mediamorfosis de la televisión e Internet desde la óptica mcluhaniana


Advertisements
Estas entrada foi publicada en Internet coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s