Cando un proxecto de fin de carreira se convirte nun éxito de Internet

Ignoto é unha serie de televisión interactiva que xurdiu como proxecto de fin de carreira da facultade de Ciencias de Comunicación da UDC. As irmás Sonia e Miriam Albert Sobrino escriben, producen e dirixen esta produción pioneira rodada integramente en Galicia. En menos dun mes a web de IGNOTO xa recibiu 10.000 visitas. Cal foi a súa fórmula?

A web do proxecto, www.ignoto.es, ofreceu o pasado 20 de decembro a estrea desta serie que segue unha estrutura hipertextual e ofrece a posibilidade ao espectador de decidir o desenvolvemento da trama e a evolución dos personaxes entre dúas opcións diferentes. Na primeira tempada as guionistas vannos permitir escoller entre tres finais diferentes! A serie tamén poderá verse de forma tradicional e lineal en varios soportes como a televisión, o ordenador e o teléfono móbil.

Ademáis a produción conta coa participación de rostros coñecidos da televisión e o cinema como Xavier Estévez (Celda 211, Rías Baixas, Mareas Vivas), Susana Sampedro (A vida por diante), Mariana Carballal (Cuando vuelvas a mi lado, Manos a la obra, Hospital Central), Iván Marcos (El vaivén), Carlos Caetano e Arturo Santos. Ignoto narra a historia dunha xornalista de investigación que se verá involucrada nunha perigosa trama conspiratoria que porá en perigo a súa vida. Todo iso virando ao redor dun libro de orixe descoñecida.

As irmás Albert Sobrino son o claro exemplo de que o traballo ás veces ten a súa recompensa. Licenciadas en Comunicación Audiovisual na UDC, gañaron o seu primeiro premio en 2008 no Festival Curtas na Rede na categoría de animación pola súa obra Caligarismo, unha interesante curtametraxe en stop-motion sobre a violencia de xenéro. Ademáis son autoras do documental sobre o abandono do rural galego, Poboación: Cero, e actualmente compaxinan a promoción de Ignoto coa rodaxe doutro curto titulado Acción: Premeditada, unha parodia de series de ficción americanas.

O vindeiro luns, 11 de xaneiro, será a estrea oficial da serie na Fundación Caixa Galicia ás 19:15 horas. Ignoto pode seguirse na páxina web www.ignoto.es e na canle Vimeo. Toda a información sobre a serie pódese atopar na súa páxina de Facebook e en Twitter.

Seguiremos de preto ás irmás Albert Sobrino.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Uncategorized coas etiquetas . Ligazón permanente.

3 respostas a Cando un proxecto de fin de carreira se convirte nun éxito de Internet

  1. IGNOTO di:

    Estades todos invitados á estrea o próximo día 11 ás 19:15 na Fundación Caixa Galicia.
    O acto empezará sobre as 19:30h e haberá un pequeno obsequio para os que acudan alí.
    Os actores e equipo técnico tamén estarán.
    Para confirmar asistencia: info@ignoto.es
    Un saúdo.

  2. evaudc di:

    Artigo das irmás Miriam e Sonia Albert en La voz de Galicia:
    As irmás Cohen Coruñesas

    http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2010/01/08/0003_8213765.htm

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s