A Ciencia sempre perde. Novos recortes ao coñecemento

Novos recortes para a investigación en Galicia. Agora tócalle o turno ao Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia (CBUG), que reúne ao conxunto do colectivo académico das tres universidades galegas, máis de 60.000 usuarios entre alumnos, profesores e investigadores.

As tres universidades galegas fan  público un comunicado denunciando o recorte do 20% dos orzamentos do CBUG. O recorte para 2010 é de 415.550 euros, unha caída que provoca a cancelación de 11 bases de datos referenciales que dan acceso a máis de 29 millóns de artigos científicos e a máis de 1.700 revistas electrónicas de todas as áreas de coñecemento, desde as ciencias da saúde ás humanidades. Unha comisión técnica foi a encargada de decidir os contratos a eliminar, valorando o interese común de cada unha para as tres universidades. Partindo destes criterios, prescindiuse de bases de datos como Biological Abstracts ou Pascal e de revistas como as de Blackwell ou Oxford.

El  CBUG representa para as tres universidades un amplo abano de recursos de información en liña, como bases de datos ou revistas electrónicas, esenciais na formación do colectivo científico. Esta iniciativa pretende favorecer a producción de novo coñecemento, o desenvolvemento tecnolóxico e a transferencia ao sector produtivo que se está a desenvolver en Galicia. O Consorcio  de Bibliotecas Universitarias representa un novo concepto de Biblioteca Universitaria común con recursos científicos exclusivamente electrónicos, o que constitúe o maior centro de referencia en liña de Galicia.

As tres Universidades de Galicia deixan constancia co anterior comunicado do seu desacordo e malestar co recorte das achegas destinadas ao financiamento destes recursos electrónicos. Os últimos recortes aos que se ven sometidas a Ciencia e a Investigación en Galicia supoñen un verdadeiro freo para o  o desenvolvemento dunha sociedade máis moderna e sustentable, que debe ter o coñecemento na base do seu desenvolvemento. A Ciencia sempre perde.

Dossier de Prensa

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Investigación coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

2 respostas a A Ciencia sempre perde. Novos recortes ao coñecemento

  1. diego di:

    Los recortes presupuestarios siempre afectan a lo mismo: investigación, ciencia, educación… Así la famosa sociedad del conocimiento siempre será una leyenda, nunca una realidad.
    El CBUG era una gran iniciativa para los estudiantes e investigadores, lástima que la crisis se lo lleve por delante.

    un abrazo

  2. evaudc di:

    Hola diego:
    La verdad es que sí. Es una pena que la investigación siempre sea la primera víctima de las crisis. Lo de la sociedad del conocimiento queda muy bonito sobre el papel, pero si los presupuestos le dan la espalada, nunca será una realidad.
    Saludos!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s