Tecnoloxía que mellora a nosa vida

A Universidade da Coruña, a través do Grupo de Investigación en Xerontoloxía,  participa no proxecto CompanionAble, enmarcado no VII Programa marco da Unión Europea, no que colaboran 18 institucións de 8 países e que conta cun investimento de 8 millóns de euros.

O proxecto desenvolve un sistema robótico de acompañamento e asistencia cognitiva integrada co obxectivo de mellorar a inclusión social e o coidado no fogar das persoas maiores con dependencia que sofren un deterioro cognitivo. A característica única do proxecto reside na combinación dun acompañante humanoide robótico móbil nunha casa intelixente. Así sumaranse as vantaxes dun robot que poida desenvolver determinadas tarefas de asistencia e as do control domótico do domicilio.

A principal aportación da Universidade da Coruña a este proxecto son as aplicacións que incorporará o robot no relativo a estimulación cognitiva a través de numerosas actividades, a axenda médica, mediante a que os usuarios poderán obter información xeral sobre prevención de enfermidades, para realizar rehabilitacións en vivo, consultar a dispoñibilidade dos profesionais que a atenden, con horarios de consulta e posibilidade de concertar citas, así como establecer videoconferencias con eses profesionais para formular preguntas que se responden de inmediato, de maneira que se reducen os tempos e as listaxes de agarda ou as horas de consulta.

Este é un exemplo de como a tecnoloxía entra pouco a pouco nos nosos fogares, mellorando con iso nosa calidade de vida e facendo un pouco máis fáciles as cousas ás persoas que o teñen máis difícil. E vós, qué opinades destes novos usos da tecnoloxía? cómo pensades que se reflectirán estes avances nos nosos fogares nun futuro próximo? qué aspectos da domótica parécenvos máis interesantes?

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Investigación coas etiquetas . Ligazón permanente.

2 Responses to Tecnoloxía que mellora a nosa vida

  1. Marcos Zaera di:

    A previsible entrada de nova tecnoloxía nas nosas casas deixame un regusto non moi doce cando penso nalgunhas circunstancias que poder ocurrir. Estou totalmente a favor da inclusión destas ferramentas intelixentes en lugares onde, debido a doenzas físicas ou calquera tipo de enfermidade que limite o noso funcionamento diario, se necesiten para axudar a xente que realmente a necesitan. Outra cousa e a introducción nos fogares de tecnoloxía por snobismo ou lucimento persoal, onte ésta convertese nun mero xoguete e non no apoio polo que foi creada. A domótica creo que debe seguir o camiño de axudar a xente que é dependente de outras para facer as cousas máis simples e non se dedique a fabricar perriños ladradores nin astronautas sube-escaleiras.

  2. evaudc di:

    É certo, hai moita xente que emprega a tecnoloxía por snobismo, pero casos como o proxecto CompanionAble fan que debamos apostar por ela. Creo que a clave é o que comentas, a mellor tecnoloxía é a que nos fai a vida máis fácil a todos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s