Os titulados da UDC enormemente motivados para alcanzar as metas pero con graves deficiencias en inglés

Así é como se describen a si mesmos os titulados da Universidade da Coruña e tamén como os ven as empresas nas que traballan, segundo pon de manifesto o último informe do Consello Social da UDC. O estudo tamén revela que os licenciados coruñeses deben aplicar nos seus postos de traballo máis competencias das que adquiren durante os anos que dura a súa carreira. Ademais, segundo o informe, os graduados coruñeses están mellor remunerados canto maior é a súa formación e a medida que adquiren experiencia.

A enquisa, realizada a máis de mil licenciados da UDC, conta coa participación de máis de 900 empresas de diferentes sectores. A directora do informe, a profesora María Jesús Freire móstrase preocupada polo baixo nivel de inglés que posúen os licenciados da Universidade de Coruña ao finalizar os seus estudos. Segundo María Jesús freire, este feito prexudica aos mozos titulados á hora de escalar posicións dentro das grandes empresas, aínda que o inglés “non se valora moito nas pequenas compañías galegas que non están moi relacionadas internacionalmente”.

As diferenzas máis relevantes entre as competencias adquiridas na Universidade e as aplicadas no traballo son, segundo o estudo da UDC, a toma de decisións, a capacidade para aplicar os coñecementos á práctica e a responsabilidade no traballo. María Jesús Freire afirmou que os datos obtidos no informe “axudarán a adaptar mellor a formación ao que necesitan as empresas”,  e destacou a importancia deste tipo de traballos para “corrixir erros que se poden estar a producir”.

Web do Observatorio Ocupacional da Universidade da Coruña

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Emprego coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s