A Universidade Sénior organiza un Seminario sobre a Unión Europea

A Universidade Sénior da Coruña organiza o seminario titulado “Cultura, identidade e cidadanía”, sobre a Unión Europea. As conferencias contan coa colaboración do Instituto Universitario de Estudios Europeos “Salvador de Madariaga”, o Centro de Excelencia Jean Monet e o Master UE de Estudos sobre a Unión Europea.

O seminario está dividido en tres sesións:

A primeira delas será unha conferencia que tratará “O Tratado de Lisboa”, a cargo Jorge Quindimil López, Profesor de Dereito Internacional Público na Facultade de Dereito da UDC. Está programada para o venres, 18 de decembro, ás 10:30 horas, no Centro Universitario de Riazor.

As outras dúas sesións do seminario serán en xaneiro, os días 22 –cunha conferencia sobre Cidadanía Europea– e 29 –cun obradoiro sobre participación cidadá na Unión Europea-, nas instalacións da Universidade Sénior, no campus de Riazor.

Programa do Seminario en PDF.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Charla coas etiquetas , . Ligazón permanente.

2 respostas a A Universidade Sénior organiza un Seminario sobre a Unión Europea

  1. shano di:

    Pode ser interesante, a ver que nos contan.

    Felicidades evaudc, moi bo traballo co blogue. É unha maneira doada de manterse informado do que pasa na nosa Universidade.

    Moito ánimo!! 🙂

  2. evaudc di:

    Grazas Shano!

    🙂

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s