As crises esquecidas. Conflitos Bélicos, Refuxiados e Acción humanitaria

Hoxe comenza o seminario As crises esquecidas. Conflitos Bélicos, Refuxiados e Acción humanitaria, organizado pola Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC e Médicos Sen Fronteiras. A actividade pretende dar a coñecer e debater as crises humanitarias esparexidas polo mundo e das que apenas nos chega información pero que permanecen sen solucionar.

No seminario participarán expertos no tema e organizacións como Acción contra fame, Médicos Sen Fronteiras, Amnistía Internacional, ACCEM ou UNRWA que falarán sobre diversos temas como a situación dos refuxiados en Galicia, Tanzania e Palestina, as crises humanitarias como a fame, a situación da muller e a SIDA pediátrica.

O seminario comeza hoxe, xoves 26 de novembro, ás 9:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Ciencias da Educación e ten unha duración de 15 horas, repartidas en dous días.

Ademais até o vindeiro 30 de novembro, se pode visitar no Pavillón de Estudantes, no Campus de Elviña, a exposición Crises esquecidas: vidas ignoradas, de 9:00 a 21:00 horas, e con entrada de balde. A exposición quere lembrar que existen conflitos e enfermidades que seguen supoñendo un alto prezo de vidas humanas e sufrimento sen que a comunidade internacional, os orzamentos de axuda humanitaria, e os medios de comunicación lles presten a debida  atención.

A responsable galega de Médicos Sen Fronteiras, María Díaz, explica que a crise silenciada en Chechenia,  por exemplo, segue causando un gran sufrimento entre os civís: “Aínda que a súa intensidade diminuíra, as cicatrices físicas e psicolóxicas do conflito se perpetúan”. Actualmente hai uns 135.000 desprazados repartidos por varias das repúblicas rusas, moitos dos cales seguen vivindo en condicións de “extrema precariedade”.

Outro conflicto esquezado é  Somalia que durante 18 anos  viviu castigada pola violencia, desprazamentos, secas e inundacións que “só en momentos excepcionais saltan aos medios. A esperanza de vida nese país apenas chega aos 47 anos e un de cada catro nenos morre antes de chegar aos cinco anos, un dato que non estraña posto que o 80 por cento da poboación carece de acceso á sanidade”.

A exposición, que peramecerá ata o 30 de novembro no Pavillón de Estudantes, pretende ser un testemuño gráfico destas inxustizas ignorados polas institucións e por os medios de comunicación.

Díptico de seminario

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Uncategorized coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s