PROGRAMA ERASMUS PARA XÓVENES EMPRENDEDORES

O Programa Erasmus para Mozos Emprendedores ten como obxectivo estimular o espírito emprendedor, a competitividade, a internacionalización e o crecemento de pequenas e medianas empresas (PEMES) por medio do intercambio de coñecementos técnicos entre empresarios experimentados e emprendedores noveis. Trátase dun programa de intercambio financiado pola Unión Europea, mediante o cal os nosos emprendedores poderán realizar unha estancia formativa de entre un e seis meses cun empresario experimentado noutro país da UE e aprender como mellorar ou crear o seu propio negocio.

VÍDEO PROMOCIONAL DO PROGRAMA:

A QUEN VAI DIRIXIDO O PROGRAMA?

O programa está pensado para novos emprendedores e para empresarios experimentados.

Novo emprendedor (NE) é alguén que se está a plantexar seriamente crear o seu propio negocio, ou que xa iniciou a súa actividade no últimos tres anos.

Empresario de acollida (HE) debe ser unha persoa experimentada, que posúa ou xestione a súa propia PEME na Unión europea. Tanto NE como HE poden pertencer a calquera sector de actividade.

Os NE adquirirán experiencia na súa estancia cun empresario senior, podendo ao mesmo tempo achegar á empresa que os acolle o seu traballo, novas ideas e novos puntos de vista.

COMO FUNCIONA O PROGRAMA?

Os mozos emprendedores e os empresarios con experiencia poderán solicitar a súa participación no Programa póndose en contacto coa Fundación Universidade da Coruña. Posteriormente, FUAC, como Organización Intermediaria (IO), facilitará os contactos entre NE e HE. Unha vez as partes implicadas alcancen un acordo sobre os detalles da estancia (plan de traballo, tarefas a realizar, responsabilidades), esta poderá realizarse.

Novos Emprendedores (NE)

Os novos emprendedores (NE) recibirán unha contribución económica relacionada cos gastos de desprazamento e de estancia. Hai 9 prazas dispoñibles para emprendedores de Galicia que poderán realizar unha estancia formativa dun mes.

Beneficios para o novo emprendedor (NE)

– Aprendizaxe dun empresario con experiencia noutro país da UE como a mellor maneira de iniciar e xestionar unha PEME;

– Desenvolvemento de contactos internacionais e coñecemento dos mercados estranxeiros;

– Posibilidade de oportunidades de negocio conxunto e desenvolvemento de mercados transfronteirizos;

– Aprendizaxe das diferenzas culturais e de organización noutro lugar de traballo.

–  Comprensión da lexislación e marcos reguladores noutro país da UE.

Empresario de acollida con experiencia (HE)

Se es un empresario con experiencia e desexas participar nesta iniciativa acollendo a emprendedores doutros países da Unión Europea, deberás solicitar a túa participación a través do e-mail monicapousa@udc.es

Hai 9  prazas dispoñibles para empresarios de Galicia que acollerán nas súas empresas a NEs de entre 1 e 6 meses.

Beneficios para o empresario de acollida con experiencia (HE)

–  Traballar cun novo empresario (NE) que contribúa con novas ideas e novos puntos de vista;

– Acceder a novas habilidades e coñecementos innovadores proporcionados polo novo empresario;

– Obter coñecementos sobre os mercados estranxeiros e aumentar as oportunidades para a internacionalización do seu negocio;

– Mellorar o crecemento potencial da súa empresa e a oportunidade de establecer unha nova asociación comercial directamente co novo empresario doutro país;

– Oportunidade para a interacción cos empresarios de acollida doutros países da UE e formar parte dunha dinámica paneuropea de rede de negocios de empresarios de éxito;

– Beneficio da asistencia de profesionais de organizacións intermediarias para a procura dun potencial socio de negocios e o apoio da relación co novo empresario.

Se es un novo emprendedor (NE) e estás interesado en participar no Programa, por favor, enche o formulario de inscrición.

Se es unha empresa de acollida (HE) e estás interesado en participar no Programa, por favor, enche o formulario de inscrición

Máis información sobre o programa:

* Descargar tríptico
* Organizacións intermediarias (IO)
* Guía de Usuario (User´s guide)
* Información Xornada Presentación Oficial do Programa na Coruña

Máis información:

Fundación Universidade da Coruña
C/ Paseo de Ronda 47, 2º andar 15011 A Coruña
Tel: +34 981167000 ext. 1171    Fax: +34 981167040
monicapousa@udc.es

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Emprendedores, Erasmus coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

2 respostas a PROGRAMA ERASMUS PARA XÓVENES EMPRENDEDORES

  1. Un feo di:

    Que juapos/as!,que blanquitos/as, todos/as!
    Os feos e as feas non podemos empreder empresas?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s