Facultade Emprendedora

A Universidade da Coruña segue apostando polo fomento do emprendemento e o autoemprego dos seus estudantes. Para iso celébrase estes días un curso dentro do Programa Capacitación Emprendedora repartido en tres bloques aos que o alumno pode aistir independentemente.

BLOQUE 1: Emprender
BLOQUE 2: Idea
BLOQUE 3: Proxecto


MÁIS INFORMACIÓN

CARTEL FACULTADE EMPRENDEDORA

Os interesados en participar no Programa pódense inscribir HOXE, 18 de novembro, as 16:00 horas, asistindo á primeira sesión, na Aula 3 (3ª planta) da Facultade de Informática. A matrícula está subvencionada ao 100% e os que teñan dificultade de horario poden elixir asistir pola mañá, na Facultade de Ciencias Económicas (9:00 horas) ou pola tarde, na Fac. de Informática (16:00 horas).

Celebrarase unha segunda e última sesión deste bloque temático o vindeiro mércores, 25 de novembro, cos mesmos horarios e nos mesmos lugares

VIDEO INFORMATIVO

Máis Iniciativas da UDC

III Curso de Emprendemento Cooperativo


Outra actividade que se pon en marcha nos próximos días na UDC  é o III Curso de Emprendemento Cooperativo que leva por título “Sociedades Cooperativas e Autoemprego”, que terá lugar en Coruña, no Centro Universitario de Riazor, e tamén en Ferrol, na Aula de apoio ao estudo (Campus de Esteiro) do 23 ao 27 de novembro. Os horarios serán das 9:00 ás 14:00 horas e das 16:00 ás 18:00 horas agás o venres que será das 9:00 ás 14:00 h.

O curso inclúe prácticas on line nun Simulador de Creación de Empresas. Nesta actividade adquiriranse habilidades para a xestión dunha empresa, válidas tanto para o traballo por conta allea como por conta propia (análise de mercados e segmentos, entorno, competencia, I+D+I, Marketing, Finanzas). O alumnado ademais terá 5 h online de traballo no Business Game previas ao inicio do curso para familiarizarse co simulador, e entre 5-10 h de traballo no mesmo simulador unha vez rematado o curso.

O III Curso de Emprendemento Colaborativo é gratuito e solicitáronse 2 créditos de libre opción. As prazas son limitadas e a admisión é por riguroso orde de inscrición no seguinte correo: autoemprego@udc.es

– PROGRAMAS DO CURSO:

Programa de Coruña

Programa de Ferrol

– FICHAS DE INSCRICIÓN

Coruña, no Centro Universitario de Riazor

Ferrol, na Aula de apoio ao estudo (Campus de Esteiro)

Máis información nos seguintes teléfonos:

981 167000 Exts. 4341/4342/4376/4381 ou 981 337400 Ext. 3659

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Emprego coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s