A crise económica a debate na Facultade de Dereito

A facultade de Dereito da Universidade da Coruña organiza unhas xornadas sobre a crise económica actual no marco do proxecto de investigación  “A protección do consumidor sobreendebedado”.

As xornadas, que levan por nome O consumidor ante a crise económica: análise e crise, tratarán temas como o acceso á vivenda, as reformas do mercado hipotecario e o seu impacto na crise e as situacións concursais.

exteriores_2

Intervirán profesores de Dereito da UDC, da Universidad Autónoma de Madrid ou da Universidad de Castilla-La Mancha, ademais doutras personalidades relevantes no tema como Marcos Vaquer Cabalaría, Subsecretario de Vivenda do Ministerio de Vivenda; Ana Isabel Rodríguez Parada, Rexistradora da Propiedade e Directora do Servizo de Estudos Rexistrais de Galicia; Eugenio Ribón Seisdedos, avogado da Confederación Españolade Organizacións de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios (CEACCU); José Luís Seoane Spiegelberg, Presidente da Audiencia Provincial da Coruña o Pablo S. González-Carrero Fojón, Xuíz Titular do Xulgado do Mercantil núm. 1 da Coruña.

As conferencias comezarán mañá, xoves, 12 de novembro, ás 10:00 horas coa inauguración oficial por parte do reitor da Universidade da Coruña, José María Barja, e durarán até a tarde do día 13 de novembro, venres.

O lugar de celebración será o Salón de Actos da Facultade de Dereito da UDC, no campus de Elviña

Máis información:

Programa das Xornadas

Facultade de Dereito

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Uncategorized coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s