Universidade e emprego máis próximos

Cada ano 3000 mozos acaban os seus estudos na Universidade da Coruña. O paro é a única saída que queda para moitos deles. Reducir esta alta porcentaxe de desemprego en persoas recentemente tituladas é un dos obxectivos da segunda edición da Feira Europea de Emprego que se celebrou este ano durante os días 28 e 29 de novembro no Campus de Elviña da Coruña.

IIFEE 2

A Feira Europea de Emprego nace como un foro que pretende fomentar a relación laboral entre a empresa e todas aquelas persoas con titulación universitaria ou de Formación Profesional. A Feira celebrou a súa segunda edición especializándose, como o pasado ano, no mercado laboral a nivel local, nacional e europeo.

As actividades programadas para estes días incluíron stands e presentacións das empresas participantes no Pavillón de Deportes da UDC, mesas redondas, conferencias e obradoiros do EURES (Servizo de Emprego Europeo) ou os innovadores Café Negocios (roldas de negocios). Ademáis como novidade a Feira contou con programas de radio no mesmo recinto ou a difusión mediante vídeos de tódalas actividades a través dunha canle propia no portal Youtube.

A II Feira Europeo de Emprego contou cunha ampla implicación do mundo empresarial (Bancaja, Alcoa, Caixa Galicia, Caixa Nova, Egasa, Applus, Indra, …) e das institucións públicas en forma de colaboración (Xunta de Galicia ou IGAPE). Aínda non se deron datos oficiais sobre o número  de visitantes, os currículos entregados ou os contratos asinados durante estes días, pero tal e como sinala o vicerreitor de Ferrol e de Relación Universidade-Empresa, Luís Barral, a Feira  superou  as expectativas e  numerosas empresas mostraron a súa satisfacción polo desenvolvemento deste encontro entre compañías que buscan traballadores, e alumnos que queren ter a súa primeira experiencia laboral. O delegado territorial da Xunta, Diego Calvo, falou do plan de emprego xuvenil que vai desenvolver o Goberno galego, e tamén apostou por abrir novas vías para incrementar a inserción laboral.

IIFEE

Antonio Abril, presidente do Consello Social da UDC,  afirmou no acto de clausura da Feira que “ante esta situación desfavorable, nun contorno que obriga á austeridade, estamos obrigados así e todo a reaccionar con medidas que impliquen a creación de emprego de maneira eficiente e, no tocante ás universidades, iso supón activar ou seu papel de motores do desenvolvemento económico e social”. Abril tamén sinalou que “o Consello Social da UDC, órgano de participación da Sociedade na nosa universidade, ten, entre as súas liñas básicas de actuación, a de impulsar a estratexia de desenvolvemento da UDC, favorecendo a súa interrelación coa Sociedade, co fin de procurar unha mellor calidade do ensino e da investigación universitaria e a súa eficaz transferencia e posta en valor polas Empresas, de maneira que a UDC contribúa decisivamente ao desenvolvemento económico, social e cultural do seu contorno”.

Outras iniciativas.

Ademais da II Feira Europea de Emprego, hai outras iniciativas que pretenden achegar o mundo laboral aos universitarios ou recentemente titulados. Unha das empresas participantes na II Feira Europea de Emprego  foi o portal Recruiting Erasmus, que ten co obxectivo de facilitar o contacto entre as empresas socias e os estudantes que cursan ou cursaron recentemente os seus estudos universitarios fóra das nosas fronteiras, xa sexa por medio da bolsa Erasmus ou doutro programa similar de carácter internacional.

sebuscanimg

Outra das iniciativas que buscan favorecer a inserción dos erasmus ao mundo empresarial é Erasmus Jóvenes emprendedores, que ofrece  aos titulados  a posibilidade de aprender dun empresario con máis experiencia que dirixa unha PEME (pequena e mediana empresa) noutro país da UE. Precisamente a Fundación Universidade da Coruña acaba de conseguir o seu primeiro caso de éxito neste programa: unha emprendedora viguesa realizará neste mesmo mes de novembro a súa estancia na empresa portuguesa PSZ Consulting.

A Fundación Universidade dá Coruña (FUAC) continúa o seu proceso de captación tanto de emprendedores como empresarios de acollida para que se rexistren na ferramenta on-line do programa www.erasmus-entrepreneurs.eu. Os mozos emprendedores e os empresarios de acollida galegos poderán solicitar a súa participación póndose en contacto coa FUAC.

Web II FEIRA EUROPEA DE EMPREGO

CANAL YOUTUBE IIFEE

CANAL FLICKR IIFEE

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Emprego. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s