300 personas participan hoxe nas II Xornadas sobre a Normalización da Lingua e a Cultura no ámbito da Educación

Hoxe comenzan as  II Xornadas sobre a Normalización da Lingua e a Cultura no ámbito da Educación que celebraranse entre hoxe xoves, 5 de novembro, e mañá venres, 6 de novembro. As Xornadas contan con varias conferencias que comezan ás 10:00 horas e que se estenderán ao longo do día, até as 20:30 horas.

Na segunda edición destas xornadas, que levan por título “As vantaxes de plurilingüismo en contextos socieducativos”, colaboran un gran número de participantes tan relevantes neste ámbito como: o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo; a directora do servizo de Normalización Lingüística, Goretti Sanmartín; o director da Nova Escola Galega, Antón Costa; a especialista en Dereito Lingüístico, Alba Nogueira, e o activista e escritor en defensa da lingua galega, Sechu Sende.

f_el_educacion

Entre os temas que se tratarán destacan a situación das posibilidades legais da lingua galega no ensino, as claves dinamizadoras do galego e a implicación dos docentes na promoción da cultura galega. As conferencias terán lugar no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación da UDC, no campus de Elviña.

A actividade está organizada pola comisión de Normalización Lingüística de Ciencias da Educación.

Máis información das II Xornadas sobre a Normalización da Lingua e a Cultura no ámbito da Educación

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s