Charla-coloquio co escritor Darío Xohán Cabana

O vindeiro 4 de novembro o escritor, poeta e traductor galego Darío Xohán Cabana participará nunha charla coloquio na facultade de Socioloxía.

Esta actividade enmárcarse dentro do Ciclo Universidade, Lingua e Sociedade organizado pola Comisión de Normalización Lingüística dá Facultade de Socioloxía.

Horario e lugar: 12.00 horas no Salón de Graos da Facultade de Socioloxía, Campus de Elviña.

Darío Xohán Cabana

Darío Xohán Cabana a través da súa obra extensa evoca a tradición como elemento necesario para construír o presente e transformar o mundo. Para logralo emprega os recursos lingüísticos e insiste na capacidade do exercicio literario. A súa evolución tende á depuración da técnica, estando o compromiso ético sempre presente.

Cultiva distintos xéneros, da novela histórica á ciencia ficción, pasando pola poesía, os relatos curtos ou os contos infantís. Todos eles baixo a influencia de Álvaro Cunqueiro aínda que el se recoñece preto de Ramón Otero Pedrayo e de Méndez Ferrín.

Na poesía opta sempre polas formas clásicas, nas que se sente cómodo.  O seu primeiro libro publicado é Verbas a un irmao (1970). Neste mesmo ano tamén aparece Home e terra e pouco despois, en 1973, Romanceiro da Terra Cha e Mortos porque Galicia viva. Proseguiu neste ámbito con Elexía nunha escuridade mortal (1974).

Os campos da fame (1980), A fraga amurallada (1983), Cantigas de amor vilao (1987), Amor e tempo liso (1989) ou Cinco lendas (1993) son algunhas das obras aparecidas antes de Canta de cerca a morte (1994), Premio Martín Codax de poesía. No 2003 toda a súa obra poética sae publicada nun único volume titulado Vinte cadernos. Despois edítanse Antoloxía do Doce Estilo Novo e Cabalgada na brétema, no 2004 e no 2006, respectivamente.

Co tempo, Darío Xohán Cabana escribe narrativa, xénero ao que nacera en 1973 con Memoria dunha aldea. No ano 1989 gaña o Premio Xerais de novela con Galván en Saor, un dos libros máis vendidos da historia da literatura galega. En 1994 repetiría galardón con O cervo na torre, obra en que, xunto con Morte de Rei (1996), se acentúa o lazo entre literatura e política. Mentres tanto ofrece Fortunato de Trasmundi (1990), finalista do Premio Blanco Amor, O libro dos moradores (1990), Cándido Branco e o Cabaleiro Negro (1992), finalista do Torrente Ballester, Vidas senlleiras (1992), Premio da Cidade de Lugo, e Cerco de ferro, tamén do 94. Máis tarde achega Mitos e memorias (2003) e Dende o Himalaia a Ceilán (2004).

Así mesmo, salienta o seu labor como tradutor, polo que recibe en 1991 a Medalla de ouro do concello de Florencia (Italia) coa súa tradución d‘A Divina Comedia, de Dante. Tamén foi galardoado co Premio Ramón Cabanillas en 1994 pola tradución de Vida nova, do mesmo autor.

É colaborador en medios escritos como Adiante, Faro de Vigo ou La Voz de Galicia. Forma parte do Consello de redacción de A Trabe de Ouro.

Dende o 22 de abril de 2006 é membro da Academia Galega.

(Información extraída da web Praza das Letras)

Biografía e obras de Darío Xohán Cabanas da Biblioteca Virtual Galega.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Charla. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s