José Luis Gómez, director de Xornal de Galicia, na UDC

A Facultade de Socioloxía acolle unha charla coloquio co xornalista José Luis Gómez, director de Xornal de Galicia, hoxe 26 de outubro, ás 12:00 horas, no Salón de Graos.

O acto enmárcase dentro do ciclo “Universidade, Lingua e Sociedade”, organizado pola Comisión de Normalización Lingüística de Socioloxía.

20050426201628gomez

José Luís Gómez dirixe o Xornal de Galicia desde 2008 e é fundador do diario de papel e de Xornal.com. É xornalista e traballou como redactor, xefe de sección, redactor-xefe e director do diario La Voz de Galicia entre 1982 e 1999.

Foi director de Coordinación de Publicacións e de Comunicación de Grupo Zeta. Foi xefe da Sección de Economía e coordinador do suplemento Economía y Finanzas de La Voz de Galicia, entre 1987 e 1995. Nos anos 98 e 99 exerceu como director editorial do Grupo Voz. Foi conselleiro de La Voz de Galicia, La Voz de Baleares, Atlas Galicia e Xornal Galinet. Tamén traballou como redactor e xefe de área no Correo Gallego. Ademais, colaborou en diversas revistas e cadeas de radio. Foi tertuliano de Telecinco onde estivo máis de dez anos no programa La Mirada Crítica- e columnista de La Voz de Galicia, Deia, Diario de León, Diario 16 e El País.

Coordinou o primeiro Manual Básico de Economía en Galego e é autor de diversos libros como: A vueltas con España (Temas de Hoy, Madrid, 2005), Galicia ante la CEE (Biblioteca Galega, Serie Nova. A Coruña, 1983), José Luís Méndez/ La fuerza del líder (Biblioteca Galega, Serie Nova. A Coruña, 1994) e coautor das obras: Estrategias para España (Fundación Caixa Galicia/Capital, 2007), Las 500 primeras empresas de Galicia (Biblioteca Galega. A Coruña, 1992), Estrategias para Galicia (Fundación Caixa Galicia/La Voz de Galicia, 1994), Economía de las Comunidades Autónomas. Galicia (capítulo ‘Coordenadas económicas de Galicia: una base poco sólida’). Tamén é autor de Os medios de comunicación de Galicia e o “boom” da información económica.

No plano académico, dirixiu un curso da UIMP (1998) sobre o sector da comunicación e foi profesor do Master en Xornalismo da Universidade da Coruña, así como membro da Comisión de Medios de Comunicación da Fundación de Ayuda contra la Drogadicción (2002-03). Pronunciou numerosas conferencias e ten experiencia como moderador de debates. é membro da Comisión Técnica de Comunicación Creativa do Consello da Cultura Galega e pertence ao Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, á Asociación da Prensa da Coruña, á Asociación de Periodistas Europeos e á Asociación de Periodistas de Información Económica. Entre outros, é Premio Galicia de Xornalismo en Información Económica (1988) e Premio Galicia de Comunicación (1995).

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Charla coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s