
As asociacións GPUL e Gnome Hispano, en colaboración coa GNOME Foundation, organizarán na Facultade de Informática de A Coruña, desde o 26 de xullo hasta o 1 de agosto de 2012 a 13 GUADEC Conference, un foro internacional para a investigación e desenvolvemento do Proxecto de Software Libre GNOME.
GUADEC reunirá a máis de 250 desenvolvedores e usuarios de GNOME, que presentarán os principais avances e desenvolvemento e contarase coa participación de ponentes de relevancia internacional como Federico Mena Quintero, cofundador do proxecto GNOME, Jacob Appelbaum, Adam Dingle, Jim Nelson, Jonathan Blandford, David Mason e Alex Skud Bayley.
GUADEC 2012 conta coa colaboración da Universidade de A Coruña, a Xunta de Galicia e da asociación Ghandalf. Ademáis, conta co apoio e o patrocineo de empresas como Google, RedHat, Canonical, Collabora, Igalia, Openshine, Open Invention Network e Mozilla.
GUADEC conta tamén co apoio de Codethink, e a Linux Foundation.
O proxecto GNOME
O proxecto GNOME, iniciado no 1997 polos mexicanos Miguel de Icaza e Federico Mena, conta con centos de desenvolvedores e millóns de usuarios en todo o mundo. GNOME é un software de escritorio gráfico que busca achegar de forma sinxela a tecnoloxía a toda a xente, proporcionando un conxunto de ferramentas de xestión e uso común: contorno de escritorio baseado en ventás, navegador web, xestor de arquivos, folla de cálculo e procesador de textos, lector de correo, etc. GNOME, traballando sobre sistemas operativos coma GNU/Linux, BSD ou solaris, supón unha alternativa libre ás plataformas pechadas de Microsoft e Apple.


