Santiago volverá celebrar unha nova edición da Feira Internacional de Emprego (FIE), tras a celebrada en novembro do pasado ano.

Entre os días 19 e 20 de xullo, o Pavillón Multiusos Fontes do Sar volverá acoller a celebración de selección de candidatos e o programa de actividades paralelas, que inclúe as Xornadas Internacionais “Os Novos Mercados de Traballo e as Estratexias Innovadoras para a Busca de Emprego”, con diversas conferencias e obradoiros.
Ademais, o complexo albergará unha zona de exposición, no que as empresas participantes, pertencentes a todos os sectores de actividade laboral, poderán interactuar co público asistente, dando a coñecer as súas necesidades específicas e recollendo currículos. Todas as actividades desenvolvidas durante as dúas xornadas da II FIE serán totalmente gratuítas.
Máis información, aquí.


