Antonio Abril destaca a Cátedra Inditex de Responsabilidade Social como “exemplo de colaboración público-privada”

De esquerda a dereita, Marta de la Cuesta, Marta Rey, Araceli Torres, Antonio Abril e Anxo Calvo.

Esta mañá inaugurouse o Posgrado en Responsabilidade Social (Responsabilidade Social Corporativa o RSC/Responsabilidade Social Universitaria o RSU) da Cátedra Inditex, que iniciou as súas actividades docentes por medio dunha conferencia aberta ao público de Marta de la Cuesta e a presentación do seu libro ‘Responsabilidad Social Universitaria 2.0’.

Antonio Abril, presidente do Consello Social, foi o encargado de presentar a Cátedra, todo “un exemplo da colaboración público-privada. Ambos son dous axentes da mesma sociedade, porque só existe unha sociedade civil, non varias. É tarefa de todos poñer en valor o ensino superior, porque é clave para o desenvolvemento da única sociedade na que vivimos”. “A cooperación e o entendemento son funcións da universidade, en canto o é a súa terceira misión: a aportacion por transferencia de coñecementos”.

Abril engadiu que “hai unha gran distancia entre a universidade e a sociedade. E dende o Consello Social tenemos que enchela, porque nisto vainos a superación da crise. Este proxecto de formación en RS está dentro dos obxectivos do Consello de implantar unha cultura de RS e faise coa colaboración de Inditex”.

O acto oficial arrancou co ciclo de conferencias En Código Aberto, da man de Marta de la Cuesta, quen aproveitou para felicitar á UDC, “por su esfuerzo en transparencia y rendición de cuentas”. “Esta Cátedra es un ejemplo necesario de transferencia de conocimiento”, precisou a autora de ‘Responsabilidad Social Universitaria 2.0’.

Araceli Torres, vicerreitora do campus de Ferrol e de RS, Anxo Calvo, decano da Facultade de Economía e Empresa e a directora da Cátedra Inditex, Marta Rey, interviron tamén na sesión inaugural.

Esta entrada fue publicada en Cátedra, Consello Social, Inditex, Responsabilidad Social, UDC, Uncategorized, Universidade. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s