O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, preside hoxe o acto de investidura de Xosé Luís Armesto Barbeito como novo Reitor da Universidade da Coruña substituíndo a José María Barja Pérez.
Ante preto de 400 persoas, Armesto converterase no quinto reitor da entidade académica coruñesa.
Dende a UDC informan que, no mesmo acto, tomará posesión o resto do equipo de goberno da Universidade: Secretaría Xeral, Carlos Amoedo Souto, catedrático de Dereito Administrativo na Facultade de Dereito.Vicerreitoría de Investigación e Transferencia, Ricardo Cao Abad, catedrático de Estatística e Investigación Operativa na Facultade de Informática. Vicerreitoría de Planificación Económica e Infraestruturas, Amalia Blanco Louro, profesora de Métodos Cuantitativos para a Economía e a Empresa na Facultade de Economía e Empresa. Vicerreitoría de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías, Julio Abalde Alonso, catedrático de Microbioloxía na Facultade de Ciencias. Vicerreitoría de Estudantes, Deportes e Cultura, María José Martínez López, profesora de Literatura Española na Facultade de Filoloxía. Vicerreitoría de Profesorado e Planificación Docente, Gustavo Rego Veiga, profesor de Economía Aplicada na Facultade de Economía e Empresa. Vicerreitoría de Relacións Internacionais e Cooperación, Natalia Álvarez Lata, profesora de Dereito Civil na Facultade de Dereito. Vicerreitoría de Ferrol e Responsabilidade Social, Araceli Torres Miño, profesora de Matemática Aplicada na Escola Politécnica Superior.
Fonte: UDC